Características

BIG Launcher é un aplicativo complexo cunha manchea de funcións que se poden configurar conforme as necesidades de cadaquén.

A túa nova pantalla de inicio

Big Launcher substitúe a interface de usuario común de calquera teléfono ou tableta con Android 2.1 ou superior. Está deseñada pensando nas persoas maiores e aquelas con problemas de visión co fin de ofrecer unha máxima rendibilidade e un fácil uso.

Iconas aumentadas

Os botóns máis grandes son máis fáciles de usar, contrólanse con toques simples e non dan lugar a erros.

Teléfono doado de usar

Accede a todas as funcións do móbil mediante unha interface simple. Sen confusións, sen complicacións. As letras grandes e as cores axudarán a distinguir facilmente aquilo que é importante.

Historial de chamadas ben organizado

Acceso rápido desde o menú aos contactos favoritos ou colocándoos directamente nunha pantalla. Tamén é posible navegar polo historial de chamadas e devolver facilmente unha chamada ou responder cunha mensaxe.


Editor SMS cunha fonte de letra grande

As mensaxes SMS ordénanse por conversas. Unha fonte de letra grande e as cores empréganse para seguir o fío das mensaxes. É posible responder facilmente calquera mensaxe co editor de SMS integrado. Redactar unha mensaxe nunca foi tan fácil!

Notificacións a pantalla completa

As notificacións de SMS poden ser a pantalla completa, o cal permite responder dun xeito fácil cunha chamada ou mensaxe.

Acceso rápido a todos os teus aplicativos

Usa atallos grandes para atopar facilmente os aplicativos que empregas máis a miúdo ou atopalas rapidamente na listaxe de apps mediante a busca instantánea; os últimos aplicativos empregados estarán os primeiros da listaxe. Os marcadores web tamén poden estar presentes na pantalla de inicio.

Agochar as apps que non se usan

Agochar as apps que non queres usar e así manter a listaxe limpa, de modo que se facilita o control parental e se facilita a navegación ao usuario.


100% accesible

Esquemas de cor de alto contraste e tres tamaños diferentes de fonte permiten empregar o teléfono sen lentes. Para alén diso, pódense descargar outras cores para os temas. Finalmente, o soporte para o lector de pantalla Talkback permite aos usuarios con cegueira empregar o seu teléfono con confianza e comodidade.

Controis alternativos

A interface na súa totalidade pode ser controlada cun teclado ou coa interface para cadeiras de rodas Tecla. Isto permite que usuarios con parálise teñan un control completo do teléfono sen ter que tocar a pantalla.

Para maiores e cativos

As persoas maiores aprecian os grandes indicadores de cobertura e batería, así como a marcación directa dos seus contactos favoritos e o botón SOS con xeolocalización incluída para casos de emerxencia. Aos máis pequenos da casa encántalles as distintas cores dos fondos.

Protección con contrasinal

O modo pantalla completa e a protección con contrasinal evitan que os usuarios perdan ou eliminen accidentalmente cousas importantes do teléfono. Isto permite crear un contorno móbil completamente seguro.


Elixe as túas características...

Personaliza facilmente BIG Launcher de acordo coas túas necesidades; configura un número ilimitado de pantallas con apps, contactos, atallos ou widgets. Navega por elas cun simple dedo ou emprega botóns para agrupar funcións.

... e elixe un tema

Podes escoller entre moitos temas visuais descargables e paquetes de iconas para personalizar o teu teléfono. Ademais, cada pantalla pode ter un fondo diferente.

E isto non é todo!!

Tes aínda dúbidas de se BIG Launcher é o mellor para ti ou algún membro da túa familia?

Daquela, próbao de balde!


Descargar agora!
Para todos os móbiles e tabletas con Android 2.1 ou superior
Proba a versión demo gratis Bótalle un ollo ao vídeo de demostración
Mira os temas e paquetes de iconas

BIG Launcher está dispoñible nos seguintes idiomas: العربية, english, bahasa melayu, bahasa indonesia, български, česky, dansk, deutsch, ελληνικά, español, eesti, فارسی, français, galego, hrvatski, עברית, 한국어, हिन्दी, italiano, lietuvių, latviešu, magyar, nederlands, 日本語, norsk, português, português brasileiro, polski, русский, română, slovenčina, slovenščina, suomi, svenska, ภาษาไทย, tiếng việt, türkçe, 中文(简体字, 簡體字), ئۇيغۇرچه.

Richard, 48: “Cambiei de iPhone a Android e grazas a BIG Launcher non necesito lentes para usar o meu móbil. Xa non os preciso para responder unha mensaxe.”
Paul, 37: “Con BIG Launcher podo agocharlles os aplicativos ‘perigosos’ aos meus fillos. É responsabilidade miña mantelos seguros. A protección con contrasinal é realmente