Axuda & Manual de usuario

Queres tirarlle o máximo rendemento a BIG Launcher? Paréceche un sarillo o das Preferencias? Esta é a túa páxina!

Manual de usuario de BIG Launcher

Ler o manual de usuario en liña (só en inglés) Descargar o Manual de usuario en PDF

FAQ

Como facer de BIG Launcher o iniciador predeterminado?

Unha vez que se instala, ao premer o botón de inicio aparecerá a listaxe de iniciadores instalados e é aí onde poderás establecelo como predeterminado. Se non aparece este diálogo haberá que borrar os axustes predeterminados e ir a Axustes » Aplicativos » Administrar aplicativos, atopar o seu iniciador predeterminado e premer en Borrar valores predeterminado. Despois disto ao premer no botón de inicio xa poderás escoller un iniciador diferente desde o menú.

 

Como alternativa tamén podes tentar empregar a app Home Manager

Que pasa se non funciona e teño que elixir un iniciador despois de reiniciar o móbil?

Hai un bug no Android 4.1, 4.1.1 e 4.1.2 (Jelly Bean), que non lle permite ao sistema lembrar que BIG Launcher é o iniciador por defecto mesmo despois de reiniciar o dispositivo. Para resolver este problema, hai que empregar a app Jelly Bean Launcher Loader.

Como volver ao iniciador anterior?

Podes restaurar o iniciador predeterminado desde o menú Preferencias. Se isto non funciona, vai a Axustes » Aplicativos » Administrar aplicativos; atopa BIG Launcher e preme en Borrar valores predeterminados. Despois disto, ao premeres no botón de inicio xa poderás escoller un iniciador diferente desde o menú.

Como configurar múltiples pantallas?

As pantallas configúranse no menú Preferencias. Concretamente hai que ligar as pantallas que se van creando con botóns existentes, pois só deste xeito será posible ir accedendo a elas.Tamén se pode activar a opción de “Arrastrar o dedo para navegar polas pantallas” no menú Preferencias » Opcións de pantallas (le o Manual de usuario para máis detalles).

Como borrar unha mensaxe, contacto ou elemento do rexistro de chamadas?

Por motivos de seguranza, a opción de borrar está desactivada por defecto, de modo que hai que activar o borrado de determinados elementos na sección correspondente do menú Preferencias. Por favor, le o Manual de usuario para máis detalles.

Como configurar unha alarma?

Preme no reloxo ou na data. Ao se configurar unha alarma, aparecerá unha pequena campá cabo da hora.

Que diferenzas hai entre a versión completa e a versión demo gratuíta?

A versión de proba gratuíta de BIG Launcher ten as seguintes limitacións:
- Só podes personalizar a columna dereita de botóns.
- Só podes engadir 5 pantallas adicionais.
- No historial de chamadas só serán visibles os 5 elementos máis recentes.
- Só se poden escribir e enviar 20 SMS.
- Non é posible protexer con contrasinal nin a configuración nin as preferencias


Mira o historial de versións aquí: Rexistro de cambios de BIG Launcher

Josh, 27: “Estou farto de todos eses iniciadores que parecen iguais. BIG Launcher é completamente diferente e é moi efectivo”.
John, 49: “O 50% das persoas maiores de 40 anos sofre de hipermetropía e necesita de lentes para ler. BIG Launcher é un simple e fantástica solución para este problema.”